tala_Arbores_vigo_01Novamente o concello de Vigo incumpre as súas propias normas de protección ambiental que priorizan por esta orde o mantemento das árbores urbanas, o seu traslado con garantías de supervivencia e finalmente a tala se ningunha das anteriores posibilidades fora viable, sempre tras unha análise técnica.

Para o Concello de Vigo a priorización na práctica sempre resulta inversa e se talan sistematicamente todas as árbores da cidade ante a mínima obra pública, especialmente paradoxal cando ditas obras se denomínanse “humanizacións”, pois nada máis inhumano que cortar árbores.

Esta mesma mañá se producía unha nova tala de seis plataneiros de sombra de gran porte ao final da rúa Enrique Lorenzo. Esta tala inxustificada se produce por instalar unha canle de auga nunha zona na que previamente outra obra de canalización, máis próxima a ditas árbores, as respectou, polo que resulta evidente que a tala desas árbores non ten posible argumentación técnica.

Para aumentar as 1.955.000 toneladas de gases de invernadoiro que Vigo emite anualmente a atmosfera esta tala sistemática de arborado urbano será unha destacada contribución, supoñemos que o alcalde de Vigo, presidente da Red Española de Ciudades por el Clima, estará satisfeito de seguir sendo o alcalde que preside a cidade líder en Galicia na contribución ao cambio climático” denuncian desde Amigos da Terra.

tala_Arbores_vigo_02_copy

Amigos da Terra lamenta igualmente que estas talas se coñezan a feitos consumados, cando pouco se pode facer por evitalas salvo a pertinente denuncia a posteriori, confiando inxenuamente en que o Concello de Vigo se sancione exemplarmente a si mesmo, polo que fai un chamamento á cidadanía para que ante unha tala inminente protexan as árbores impedindo a corta, encadeándose a elas si e necesario.

Defender as árbores urbanas, especialmente nunha cidade tan contaminada como Vigo, e un lexítimo acto de defensa da vida, aínda que o Concello non o entenda.