Comercio_Xusto_2012Este sábado día 12 celébrase o Día Mundial do Comercio Xusto en 6 cidades galegas. Por primeira vez, as ONGD da Comisión de Comercio Xusto da Coordinadora organizan unha xornada lúdica e festiva na que tamén participarán cooperativas de produtores/as, de consumo responsable e de banca ética, colectivos non vinculados á cooperación ao desenvolvemento pero que tamén traballan en termos de consumo sustentábel, xusto e respectuoso coas persoas, as culturas e o medio ambiente. O obxectivo: amosar á cidadanía que hoxe existen alternativas de consumo reais en Galicia que non entenden de intermediarios/as e que son ecolóxicas e de tempada.

 As actividades levaranse a cabo en seis cidades (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vilagarcía) e contarán coas participación de seis ONGD integradas na Comisión de Comercio Xusto: A Cova da Terra, Intermón Oxfam, Labañou Solidaria, Panxea, Solidariedade Internacional e Taller de Solidariedade.

Ao longo de todo o día poñeranse á venda produtos de alimentación, cosmética, artesanía e roupa de Comercio Xusto. Tamén haberá produtos frescos e ecolóxicos locais, exposición e venda de produtos, mercadiño de troco, actividades para nenos e nenas, espazo para o encontro, charlas e coloquios…

A Coruña: Feira de Consumo Alternativo

Lugar: Praza de Pontevedra

Horario: 11:00 a 20:00 horas

Participantes:  Intermón Oxfam, Labañou Solidaria,  Solidariedade Internacional, Cooperativa de Consumo Responsable Zocamiñoca,  Fiare Banca Ética, Cooperativa de produtoras Millo e Landras, Cooperativa de produtoras Horta do Sacho, Cooperativa de produtoras Val del Barcia

Lugo: Mercado Popular na praza maior

Lugar: Praza do Concello

Horario: 12:00 a 20:00 horas

Participantes: Coordina A Cova da Terra. Na Feira haberá máis de 40 postos de venda de produtos do Comercio Xusto, produtos locais, artesanía e degustación, un mercado de troco e outro con información sobre banca ética e alternativa.

Ourense

Lugar: Rúa do Paseo

Horario: 11:00 a 20:00 horas

Participantes: Solidariedade Internacional,  Taller de Solidariedade

Pontevedra

Lugar: Praza de Ourense

Horario: 11:00 a 20:00 horas

Participantes: Solidariedade Internacional

Santiago de Compostela : Almorzo do Día Mundial do Comercio Xusto

Lugar: sede Panxea (Rúa da Rosa, 36)

Horario: de 11h a 12 horas

Participantes: PANXEA

Vilagarcía de Arousa

Lugar: Praza de Galicia

Horario: 10:00 a 14:00 horas

Participantes: Solidariedade Internacional