galinheiroDende a Plataforma pola Defensa do Galiñeiro, da que forma parte Amigos da Terra, está convocada a III Andaina pola protección da Serra do Aloia- Galiñeiro, que vai ter lugar o vindeiro domingo 13 de maio.

Saírase dende o aparcamento do campo de fútbol A Pasaxe, en Vincios ás 10:30 h. e ata o Parque Forestal do Galiñeiro (Vincios) as 14:30 horas, cunha distancia duns 10 km de camiñata e 3,30 – 4 horas de duración. Ao rematar leerase un manifiesto pola defensa da serra e pararemos para facer un xantar popular.

Para máis información, podedes descargar o programa aqui >>>