vistafermosa_01

A canle do regato de Vista Fermosa, na cidade de Ourense, ven sufrindo verquidos reiterados de augas residuais non autorizados dende fai mais de un ano e continuan na actualidade.

Amigos da Terra e a Plataforma Rios Limpos, que denunciaran en reiteradas ocasións a existencia dos verquidos de augas residuais nun regato de Vista Fermosa ao caron do paseo das Ninfas,

acaban de recibir no dia de hoxe a comunicación da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil pola que se acordou incoar expediente sancionador contra o concello de Ourense.

Os feitos que se consideran probados son a realización de “verquidos de augas residuais entre o 07/11/2011 e 25/03/2012, procedentes da rotura dun colector do saneamento municipal, ocasionando danos valorados en 55.641,60 €, sen a precetiva autorización, impútandoselle ao concello de Ourense unha infracción administrativa da Lei de Augas e segundo o Regulamento do Dominio Público Hidráulico.

Destacamos da comunicación recibida pola que se sanciona ao concello de Ourense, a reiteración da conducta antixurídica e que por parte da administración ourensá de non previr os feitos contaminantes de ditos verquidos.

vistafermosa_02

“A imposición deste tipo de sancións, constitúen unha parte da educación ambiental necesarias para previr actos contaminantes pero que serán del todo ineficaces senón se complementan coa concienciación e sensibilización algo que, ata o de agora, non mostran as administracións galegas respecto ao coidado do medio ambiente e ao cumprimento estrito das leis que o preservan”, expoñen dende os colectivos ecoloxistas.

Dende a Plataforma Rios Limpos e Amigos da Terra demandamos que as consecuencias xurídicas de tales vertidos non traspasan a imposición dunha mera sanción económica que, en moitos casos, non posúe o carácter exemplarizante que é de esperar deste tipo de penas por feitos que ben deberan cualificarse como delitos ecolóxicos cuia penalización é maior establecéndose inclusive penas de prisión.