abejaA Plataforma contra as Fumigacións, da que Amigos da Terra forma parte, convocou para este vindeiro domingo 29 de abril unha “acción informativa” en Melide para amosar a súa oposición ás fumigacións masivas con flufenoxurón que a patronal española do papel (ASPAPEL) pretende levar a cabo nos montes de eucalipto. Dita substancia, principio activo do insecticida Cascade, prohibida para a venta pola Unión Europea debido á súa toxicidade, afecta especialmente ás larvas de abellas e pon en perigo a reprodución de moitas especies vexetais e cultivos dos que nos alimentamos.

Entre as entidades responsables e colaboradoras destaca a Xunta de Galicia que, a través da Dirección Xeral de Montes e de distintos Departamentos que autorizan, promoven e coordinan as fumigacións, ignora as prohibicións europeas e comete un terrible atentado contra a saúde e a supervivencia do noso ecosistema.

A acción partirá ás 11:00 horas da Plaza do Convento.

Infórmate acerca desta e doutras accións da Plataforma e DI NON ÁS FUMIGACIÓNS.