
Os ríos Miño e Barbaña, ao seu paso pola cidade de Ourense veñen de sufrir este fin de semana outros verquidos continuados de augas residuais nas súas augas e que están a afectar gravemente ao entorno ecolóxico e fluvial da zona.
A contaminación fluvial dos ríos Miño e Barbaña non é un feito illado nas augas galegas, senón que ao longo do ano recíbense varias denuncias realizadas por particulares en Amigos da Terra. Denuncias que versan sobre a presenza de todo tipo de verquidos aos ríos.
Amigos da Terra ven de denunciar os verquidos de augas residuais no río Miño e Barbaña na cidade de Ourense ao carón da Ponte do Milenium que se producían durante este fin de semana e na que corrían as augas do río Miño contaminadas por un regueiro de augas residuais. Os verquidos eran apreciables durante toda a tarde do pasado sábado e domingo, extendose augas abaixo por máis de 300 metros e chegando máis aló da marxe esquerda por enfronte da zona termal de A Chavasqueira. Este verquidos véñense producindo de xeito continuado ao longo de todo o ano, xa que non é a primeira vez que ocorren estes feitos.

A orixe de dito verquido foi denunciada ante a Policía Autonómica e tamén ante a Confederación Hidrográfica Miño-Sil para que fora inspeccionada por parte da administración, e solicitando información sobre as medidas que se están a adoptar para pór fin a unha grave situación ambiental á que está sendo sometidos os ríos e a imposición das sancións que corresponda.
