
Ante a traxedia acontecida en Xapón polo terremoto do venres 11 de marzo, dende Amigos da Terra enviamos unha mensaxe de solidariedade co pobo xaponés e lamentamos profundamente as perdas humanas. Á súa vez, manifiestamos a preocupación polas vítimas e a situación de emerxencia nuclear na que se viu envolvido o país. Dende Amigos de la Tierra Internacional estamos a coordinar as doazóns para o pobo de Xapón a través de Amigos de la Tierra Xapón.
Os nosos compañeiros de Xapón avisáronnos de que os produtos básicos como alimentos e auga non están a chegar a moitos dos desprazados que están tendo que soportar o clima frío.
Amigos de la Tierra Xapón coordinará e xestionará todas as doazóns que lles cheguen dende todas partes do mundo, apoiando ás ONG xaponesas que están envorcadas na poboación.