090215_asemblea_adt09

Mañá, sábado 26 de febreiro, celebraremos na cidade de Vigo a Asemblea Xeral de Amigos da Terra, unha xornada na que faremos balance do traballo feito na asociación durante o pasado 2010, presentaremos aos socios e socias a memoria de xestión e actividades, e definiremos as novas liñas estratéxicas a integrar no traballo das áreas neste 2011.

Para Amigos da Terra, a opinión de todos e todas é imprescinible para seguir construíndo unha asociación na que nos sigamos sentindo identificados/as, polo que a Asemblea orientarase cara un espazo máis participativo e de debate.

Dará comezo ás 10.30 da mañá nunha das salas do edificio da Deputación en Vigo, e logo xa pola tarde, desprazarémonos ata o local da asociación para continuar debatendo e desfrutando do bo tempo na amplia terraza coa que contamos.