CARTEL_galineiro_mini

A Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro, da que forma parte Amigos da Terra, levará a cabo o vindeiro domingo, 20 de febreiro, a 1º andaina reivindicativa, pola protección desta serra unha marcha coa que se pretende denunciar a ameaza que supoñen os parques eólicos para este espazo natural privilexiado.

A Serra do Galiñeiro, lugar natural de encontro dos Concellos de Vigo, Gondomar, Mos, O Porriño e Tui, alberga numerosos valores ambientais, xeolóxicos, paisaxísticos, etnográficos, arqueolóxicos e sociais, polo que as asociacións cidadás que formamos parte da plataforma, consideramos que teñen que ser protexidos ao amparo das lexislacións europea, galega e municipal vixentes.

A saída terá lugar ás 10:30 h. do Parque Forestal do Galiñeiro (Vincios, Gondomar), cun percorrido de aproximadamente 2,5 horas de duración, baixo o lema “Por un Monte sen Eólicos”, en referencia á oposición desta Plataforma ao parque eólico de 13 aeroxeradores e 39 Mw que se pretende levantar neste espazo natural.

cartel-definitivo-din_peq

Convidamos a toda a cidadanía, asociacións, clubs, entidades a participar nesta andaina “Pola protección da Serra do Galiñeiro”, así como a aportar ideas que apoien a salvagarda das riquezas naturais, culturais e sociais que alberga e conduzan á declaración da súa protección.

A andaina será orientada polo Club de Montañeiros Celtas.

Mapa da andaina

Manifesto pola protección da Serra do Galiñeiro

Actualmente conforman a Plataforma Pola protección da Serra do Galiñeiro as seguintes asociacións:

ADEGA

AMIGOS DA TERRA

AGA: Asociación Galega de Apicultura

A RÍA NON SE VENDE

ASOCIACIÓN “A GROBA”

ASOCIACIÓN CULTURAL BERRA VAL MIÑOR

ASOCIACIÓN CULTURAL, DEPORTIVA E ECOLOXISTA

TREZE-CATORZE DE SALCEDA DE CASELAS

ASOCIACIÓN CULTURAL “FESTA DA PREHISTORIA” de MOS

ASOCIACIÓN VECIÑAL CASCO VELLO DE VIGO

ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE VINCIOS

CENTRO CULTURAL AS PEDRIÑAS DE  TAMEIGA, MOS

CLUBE ESPELEOLÓXICO MAÚXO

CLUB DE MONTAÑA E ESCALADA AZIMUT

CLUB DE MONTAÑA PENA TREVINCA

MONTAÑEIROS CELTAS

MONTAÑEIROS XISTRA

FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO

COMUNIDADE DE MONTES DE VINCIOS

INSTITUTO DE ESTUDOS MIÑORANOS

OUTRO VIGO É POSIBLE

PLATAFORMA POLA DEFENSA DA RÍA DE VIGO CÍES

SALVEMOS MONTEFERRO

S.O.S. GROBA

VERDEGAIA