humedales_fotos3

A semana pasada o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino (MARM) presentou o borrador do Plan que estará a exposición para enviar suxerencias e alegacións ata o vindeiro 15 de febreiro.

Logo da avaliación realizada por Amigos da Terra sobre o Ano Internacional da Biodiversidade 2010, no que se otorga un suspenso pola falta de cumprimento dos obxectivos programados para a defensa e recuperación da biodiversidade, a asociación presentará as súas suxerencias e demandas de compromisos firmes, improrrogables e innegociables que deberán ter en conta as diversas administracións.

Amigos da Terra considera que lonxe de acadarse nin de preto moitos dos obxectivos, algúns deles prioritarios, establecidos para garantir a conservación da biodiversidade en Galicia, as administracións deron en aumentar as ameazas contra os ecosistemas galegos, xa que nin sequera elaboraron os plans de xestións dos espazos naturais protexidos e moitas especies en perigo de extinción non se incluiron no Catálogo Galego de Especies Ameazadas porque sería un claro indicador da mala xestión administrativa sobre a biodiversidade.

Ao mesmo tempo, a asociación promove a participación pública e activa polos axentes implicados na defensa do medio ambiente e pola cidadanía interesada en xeral, no borrador do Plan presentado polo MARM.

Para acceder ao contido e anexos do Plan pincha aquí e presenta as túas alegacións ata o 15 de febreiro.