A última fin de semana de outubro celebrouse en El Escorial (Madrid), o I Encontro Estatal de Voluntariado de Amigos de la Tierra. Durante tres días reunímonos unha trintena de persoas, entre voluntarios/as e coordinadores/as de voluntariado dos grupos locais de Galicia, Andalucía, Madrid, Ibiza e Mallorca.
Este encontro foi un espazo para a reflexión, o intercambio de experiencias e a convivencia dos voluntarios/as dos diferentes grupos locais, no que estivemos compartindo inquedanzas, motivacións e expoñendo ideas de como colaborar e como estar en contacto en rede a través dunha nova plataforma de voluntariado por internet.

Despois da grata experiencia, agardamos que continúen estes encontros para os vindeiros anos.
Aquí tedes a galería de fotos do encontro.