COOP57 é unha cooperativa de servizos que destina os seus recursos propios a dar préstamos a proxectos de economía social que promovan a ocupación, fomenten o cooperativismo, o asociacionismo e a solidariedade en xeral, e promovan a sustentabilidade sobre a base de principios éticos e solidarios.

Nos seus consellos reitores decídese transparente e democraticamente ou destino das achegas económicas das persoas e cooperativas que a compoñen, e son financiados soamente proxectos de cooperativas de traballo asociado, iniciativas de inserción laboral, proxectos de movementos sociais, sostibilidade e medio ambiente, cultura e educación.

Amigos da Terra ten o privilexio de ser o primeiro grupo ecoloxista que entra dentro de COOP57.


COOP57 Galicia