101014_arzua_pobreza_cero_13

Continuando co Camiño polo Pacto contra a Pobreza, onte achegámosnos á localidade de Arzúa, onde os peregrinos camiñantes foron recibidos polo alcalde da localidade, Xaquín García, que amosou o seu compromiso polo pacto lendo o Manifesto da campaña e asinando o Pacto.

Ademais, contamos coa colaboración de Anxo Moure da organización “Bicis pola Paz” que chegou co seu “Paztinete” e nos botou uns cantos contos solidarios. Nesta etapa, tamén participaron un grupo de alumnos/as do IES de Arzúa que leron o seu propio manifesto e mensaxes para loitar contra a Pobreza.

101014_arzua_pobreza_cero_21

Dende Amigos da Terra, xunto cos alumno/as de Arzúa, levamos a cabo unha actividade de cálculo da pegada ecolóxica,para medir os nosos impactos ambientais sobre a Terra.

101014_arzua_pobreza_cero_34

Ao rematar as actividades, os camiñantes partiron rumbo á seguinte etapa deste particular camiño, O Pino.

Está previsto que os camiñantes cheguen a Santiago de Compostela (concretamente á Reitoría da Universidade de Santiago de Compostela) o sábado 16, ás 11:30 horas, momento no que terá lugar o acto de firma do Pacto contra a Pobreza. Facemosvos un chamamento para que esteades presentes o sábado en Santiago de Compostela, entre todos e todas amosaremos a importancia da sinatura do Pacto Galego contra a Pobreza.

Podemos seguir falando de pobreza ou erradicala!

Podedes atopar máis información sobre o camiño no blog de AGARESO.