mail_pobrezacero_huellabotaHoxe, luns 11 de outubro, arranca dende Sarria o Camiño polo Pacto Galego contra a Pobreza. Ás 11:00 horas da mañá, o grupo de camiñantes será recibido no concello de Sarria polo alcalde, quen lerá o manifesto acompañado de membros do seu equipo de goberno. Máis de 140 alumnos/as participarán en actividades divulgativas e de sensibilizacións sobre os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio.

Esperámoste en Sarria para que camiñes con nós pola erradicación da pobreza, para difundir o contido do pacto que será asinado o día 16 de outubro, para facer presión á clase política e para esixir o cumprimentos dos Obxectivos do Milenio!

O percorrido do Camiño polo Pacto será o seguinte:

  • Luns, 11 de outubro: Sarria – Portomarín.
  • Martes, 12 de outubro: Portomarín – Palas de Rei
  • Mércores, 13 de outubro: Palas de Rei – Arzúa
  • Xoves, 14 de outubro: Arzúa – Pedrouzo (O Pino)
  • Venres, 15 de outubro: Pedrouzo (O Pino) – Monte do Gozo.
  • Sábado, 16 de outubro: Monte do Gozo – Santiago de Compostela. Esta será a última e máis importante etapa prevista no Camiño e que rematará onde está previsto que se asine o Pacto Galego contra a Pobreza.