contaminacion

Co comezo dunha nova rolda de negociacións sobre o clima en China, Amigos de la Tierra Internacional fai un chamamento aos países industrializados para poñer límites maiores ás emisións e colaborar cos países empobrecidos para alcanzar un acordo ambicioso e xusto.

As negociacións de Nacións Unidas (UNFCCC) están a ter lugar en Tianjin, China, ata o próximo 9 de outubro. Trátase da última reunión antes do Cumio do Clima en Cancún, México, do 29 de outubro ao 10 de novembro.

As negociacións xirarán entorno ao control do financiamento para mitigar o cambio climático. Neste sentido, Amigos de la Tierra Internacional aposta polo establecemento dun fondo global no marco da UNFCCC, que garanta a non intervención de entidades bancarias.

Mentres, algúns países industrializados, liderados por Estados Unidos, intentan ceder o control dos fondos ao Banco Mundial. Asade Rehman, de Amigos de la Tierra Inglaterra, Gales e Norte de Irlanda, que observa as negociacións en Tianjin, sinalou:

“Estados Unidos e algúns países industrializados desexan que o Banco Mundial se encargue de xestionar os fondos destinados a frear o cambio climático. Isto é algo completamente inaceptable. O Banco Mundial é unha institución desacreditada e non democrática que, lonxe de loitar contra o cambio climático, o perpetúa. Este organismo está fortemente influenciado por multinacionais moi contaminantes, e é un dos principais financiadores de proxectos ambientais e sociais que destrúen a Terra”.

“Xa é hora de que os políticos deixen de escoitar ao Banco Mundial e ao resto de intereses corporativos, e comecen a traballar pola xente e polo planeta. Existe o potencial suficiente para alcanzar un acordo en Tianjin, sempre que os países industrializados cumpran coa súa parte. A cidadanía destes países ten que instar os seus líderes a actuar con medidas a favor da xustiza climática”, agregou.

Á súa vez, Karen Orenstein, de Amigos de la Tierra Estados Unidos, comentou que o Goberno Obama ten que deixar de liderar as negociacións, xa que a crise climática demanda uns obxectivos máis ambiciosos dos propostos pola Administración estadounidense. A Unión Europea pode emerxer ofrecendo unha redución de emisións equitativa e de acordo ás necesidades que formula a ciencia.

Ademais de pedir un acordo xusto e forte que diminúa as emisións de efecto invernadoiro, e incluír a creación de comisións por parte dos países industrializados para que asuman a súa responsabilidade na adaptación e mitigación dos efectos do cambio climático nos países empobrecidos, Amigos de la Tierra Internacional esixe un acordo que:

  • Evite os mecanismos de compensación de carbono. Estes son só parches que preveñen as emisións que xa se produciron.
  • Evite o comercio de carbono, unha práctica inxusta que enriquece as entidades bancarias, e só diminúe as emisións nos países industrializados. Free a deforestación, respectando ás comunidades e os dereitos da xente indíxena
  • Estableza un fondo global de financiamento baixo a autoridade da ONU, sen que o Banco Mundial e outros organismos multilaterais desempeñen ningún papel.
  • Protexa os dereitos humanos e respecte e mire polos tratados existentes de dereitos humanos, incluíndo a declaración da ONU sobre os dereitos dos pobos indíxenas.
  • Garanta que os países industrializados permanezan baixo as obrigas impostas polo Protocolo de Kioto, acepten a súa responsabilidade na crise ambiental e recorten as súas emisións urxentemente. Os novos obxectivos de Kioto de polo menos un 40% de redución, sen pasar pola compensación, son o requisito mínimo para evitar o perigo do cambio climático.