100528_expossantiago

Hoxe, venres 17 de setembro ás 20.30 horas, inaugúrase no Centro Cívico Casco Vello de Vigo (Rúa Oliva, nº 12) a exposición “Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible”, organizada por Amigos da Terra e a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO), e subvencionada pola Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea.

A mostra que poderá visitarse ata o vindeiro 14 de outubro, contará na súa inauguración coa presenza de Judith Sing, responsable de cooperación de Amigos da Terra, Eva Alonso, membro de AGARESO e integrante do equipo de viaxou ao Golfo de Fonseca, a delegada territorial da Xunta de Galicia, Lucía Emilia Molares e o concelleiro de Participación Cidadá do concello de Vigo, Santos Héctor Rodríguez.

Esta exposición reflexa a través de 30 instantáneas, as primeiras impresións e vivencias de cinco xornalistas durante a súa visita, o pasado ano, aos proxectos que Amigos da Terra desenvolve en temas de pesca artesanal sostible no Golfo de Fonseca, formado por Honduras, Nicaragua e O Salvador. Estos tres países comparten a xestión e uso desta área xeográfica, un ecosistema que destaca pola súa biodiversidad- mariño costeira.

100209_limpandolodos

O principal obxectivo desta colaboración é sensibilizar á poboación galega e difundir o traballo que Amigos da Terra está a realizar en cooperación ao desenvolvemento con enfoque ambiental, sempre coa premisa de que a xestión integrada do medio ambiente é clave para poder erradicar a pobreza no mundo.


Durante esta viaxe os reporteiros de AGARESO tiveron a oportunidade de entrevistarse cas cooperativas de pescadores artesanais, con responsables de empresas galegas que contan con instalacións no Golfo, institucións locais, cooperativas de mulleres e as contrapartes de Amigos da Terra, recollendo en formato dixital e a través de entrevistas os logros que se están acadando en diferentes aspectos, como a pesca artesanal sostible, a conservación dos recursos mariños ou a maior participación das mulleres no sector pesqueiro.

agareso_praia

A mostra poderá visitarse de luns a venres, en horario de 10.00 a 13.30 horas e de 17.30 a 21.30 horas.