Reciclaje

Segundo un novo informe de Amigos de la Tierra, poderíanse crear medio millón de empregos en Europa aumentando a porcentaxe da reciclaxe dos residuos.

Polo menos poderían crearse 500.000 novos empregos en Europa, se os estados membros reciclasen o 70% dos seus residuos, según mostra un novo estudo “Máis empregos, menos residuos”, presentado onte por Amigos de la Tierra. De feito, esta taxa de reciclaxe xa alcanzouse en Flandes, Bélxica.

O presidente da Comisión Europea, José Manuel Barroso, prometeu a creación de 3 millóns de novos empregos “verdes” para o ano 2020 no seu discurso sobre o estado da Unión no Parlamento Europeo. O estudo de Amigos de la Tierra mostra como se podería alcanzar unha porcentaxe elevada para este obxectivo mediante o incremento da reciclaxe.

Os obxectivos actuais do 50% de reciclaxe na UE para o 2020 non levarán consigo un aumento significativo dos empregos, segundo este estudo. Ademais prevese un descenso na cantidade de residuos xerada para 2020. Este informe tamén demostra que a reciclaxe crea dez veces máis empregos por tonelada de residuos que a vertedura ou a incineración.

Estudos previos de Amigos de la Tierra sinalan que a Unión Europea verte ou queima na actualidade polo menos 5,25 mil millóns de euros en materiais reciclables cada ano. Se reciclasen estes residuos podería aforrar o equivalente a 148 millóns de toneladas de emisións de gases de efecto invernadoiro, que equivalería a 47 millóns de vehículos circulando polas estradas.

cinta-reciclaje-normal-640x640x80

Segundo Michael Warhust, responsable da campaña europea de recursos de Amigos de la Tierra, “a nosa investigación mostra que un obxectivo de reciclaxe do 70% podería crear máis de medio millón de empregos para o ano 2020, unha contribución significativa aos 3 millóns de empregos verdes que o presidente Barroso prometeu para o ano 2020”.

A pesar dos beneficios económicos, ambientais e relativos ao emprego que leva consigo aumentar a reciclaxe a Comisión Europea, ata o momento, non estableceu porcentaxes suficientemente elevadas.

Janez Potocnik, Comisario Europeo de Medio Ambiente declarou que a eficiencia no uso dos recursos é unha das súas prioridades, polo que non debe desperdiciar a oportunidade de facer realidade a súa declaración.

“Europa debe deixar de desperdiciar os seus recursos e os empregos potenciais asociados a estes en vertedoiros e incineradoras”, segundo o Dr. Warhust.

O informe está en mans da Comisión Europea para mellorar o aproveitamento dos residuos e a reciclaxe. Con este fin, Amigos de la Tierra solicita á Unión Europea que adopte obxectivos máis elevados de reciclaxe e que deixe de verter e incinerar materiais reciclables.