
Dentro do contexto do Campo de Traballo que Amigos da Terra levará a cabo do 20 ao 29 de agosto, disporemos dalgunhas ponencias abertas ao público. Nestas xornadas contaremos coa colaboración de expertos/as para tratar diferentes temas sobre Bioconstrución e Arquitectura Bioclimática.
Consulta o Programa das Xornadas
As persoas que participen en todas as xornadas poderán solicitar certificado de asistencia de 10 horas.
Prezo das Xornadas: 20 €
Para apuntarte envía un correo solicitando a túa plaza a info@ascorcerizas.com; ou chama á sede: 988 374 318