cop57 Coop57 naceu en Cataluña, froito dos fondos de compensación recibidos por un grupo de 57 ex traballadores e traballadoras da editorial Bruguera.

Hoxe agrupa a 300 empresas cooperativas e milleiros de socios e socias individuais, con seccións locais establecidas en cinco comunidades: Madrid, Cataluña, Aragón, Andalucía e Galiza.

A sección galega de Coop57 preséntase en Vigo, xa non como proxecto senón como unha realidade asentada e en crecemento á que invitamos a sumarse ao conxunto da cidadanía.

En Coop57 promóvese un aforro con criterios éticos, que destina os seus recursos a financiar proxectos que promovan a economía social, o cooperativismo e a solidariedade. Nos seus consellos reitores se decide transparente e democraticamente o destino das achegas económicas das persoas e cooperativas que a compoñen, e son financiados soamente proxectos de cooperativas de traballo asociado, iniciativas de inserción laboral, proxectos de movementos sociais, sostibilidade e medio ambiente, cultura e educación.

En Coop57 apostamos e traballamos por unha economía solidaria e a escala humana como ferramenta para conseguir unha sociedade xusta e sustentable.

A presentación terá lugar o dia 25 de Maio ás 19:30 horas no antigo reitorado do Areal, rúa Oporto nº 1.

Para recibir máis información sobre a xornada pódese contactar con: Roberto Andrés Sanmartín ou Nuria González Rodríguez no teléfono 986 866 149 ou no enderezo electrónico info@ucetag.org