tasa_robinhood

Dende Amigos da Terra xunto a outras organizacións lanzamos esta ciberacción para esixir unha taxa nas transaccións financeiras. A inestabilidade sistemática dos mercados financeiros e a crise económica global resultante, reviviron o debate dun imposto sobre as transaccións financeiras en Europa, Estados Unidos e máis alá.

O sector financeiro provocou a actual crise económica. O crecemento exponencial do sector financeiro centrado no beneficio especulativo a curto prazo xerou unha “economía de casino”. Co estalido da última burbulla, millóns de homes e mulleres perderon o seu emprego. Persoas de todo o mundo víronse abocadas a unha maior pobreza e, hoxe, hai cen millóns máis de persoas que pasan fame.

Esta taxa xeraría os fondos necesarios para pagar os custos sociais da crise, financiar bens públicos a nivel global, como a atención sanitaria, e loitar contra a pobreza mundial e o cambio climático.

Asina a petición

Non podemos permitir que nos fagan pagar as consecuencias dunha crise da que non somos culpables!