
Amigos da Terra Internacional acolle con beneplácito o fallo do Tribunal Permanente dos Pobos, que condena á Unión Europea e ás Institucións Financeiras por apoiar as actividades criminais das empresas trasnacionales europeas en América Latina.
O fallo foi emitido na véspera do Cumio de Xefes de Estado e de Goberno da Unión Europea, América Latina e o Caribe. Tras dous días de oír testemuños de organizacións da sociedade civil e comunidades indíxenas directamente afectadas polas actividades das empresas trasnacionales europeas en América Latina, un panel internacional de xuíces exhortou á UE a establecer un marco legal que permita responsabilizar ás empresas de crimes en América Latina, e outórgalle as vítimas acceso á xustiza. Ademais, pídelle ás Nacións Unidas que estableza un código de conduta obrigatorio para as empresas trasnacionales e que estenda o mandato da Corte Penal Internacional de persoas físicas a persoas xurídicas (empresas).
“Comprácenos que o Tribunal cuestione o papel da UE na promoción de políticas que antepoñen os intereses empresariais aos dereitos dos pobos. En lugar de discutir acordos de asociación que aseguran máis ganancias para as empresas, os Xefes de Estado da Unión Europea, América Latina e o Caribe, deberían asegurar que as empresas non violen os dereitos humanos fundamentais”, dixo Sebastián Valdomir, Coordinador Internacional do Programa de Xustiza Económica de Amigos da Terra Internacional.
Amigos da Terra Internacional xunto con aliados presentaron tres casos contra empresas europeas na sesión do Tribunal Permanente dos Pobos:
– A empresa de enerxía española Unión Fenosa foi condenada por ser responsable da persecución e asasinato de líderes comunitarios en Guatemala e Colombia, de violar os dereitos laborais e de privar aos máis pobres dos servizos esenciais ao aumentar os prezos, cortar a electricidade e por cortes de luz en Guatemala, México, Colombia e Nicaragua. O Tribunal ademais advirte sobre os impactos dun megaproxecto de minaría de carbón planificado por Unión Fenosa e Gas Natural en Guatemala e recomenda a súa suspensión.
-A empresa forestal sueco-finlandesa Stora Enso foi condenada por ser responsable de destrución ambiental en Brasil e Uruguai. O Tribunal ademais condenou os impactos sobre recursos vitais para o sustento das comunidades próximas ás plantacións, como a auga.
– A empresa cementeira suíza Holcim foi condenada por ser responsable de casos de secuestro e asasinato de líderes comunitarios en San Juan Sacatepequez (Guatemala), a criminalización de comunidades que se opoñen á explotación dos seus recursos naturais, e de destrución ambiental e contaminación en Guatemala, México e Colombia.
O Tribunal Permanente dos Pobos tamén cuestionou o papel das institucións financeiras e organismos de desenvolvemento que brindan fondos para actividades destrutivas das empresas trasnacionales e as exhorta a adoptar mecanismos que garantan a protección dos dereitos humanos.
“O Banco Europeo de Investimentos proclama apoiar o desenvolvemento sustentable, pero dálle grandes sumas a proxectos destrutivos como o monocultivo de eucaliptos de Stora Enso en Brasil e Uruguai. Stora Enso agora é propietaria de máis terra en América Latina que en Europa, e é o maior terratenente en Uruguai”, dixo Christine Pohl de Amigos de la Tierra Europa.
“As políticas económicas da UE, os seus bancos e organismos de desenvolvemento promoven o crecemento e o desenvolvemento económico para combater a pobreza, pero en realidade soamente beneficiaron ás elites ricas mentres que os pobres sofren as consecuencias desastrosas”, agregou Christine Pohl.