arena_alquitranjpg

Os esforzos para combater o cambio climático están a ser ameazados polas decisións que se tomarán nas próximas horas. Os accionistas de BP e Shell votarán a favor – ou en contra- dunha resolución sobre as areas de alcatrán. Tes a oportunidade de influír no seu voto.

A area de alcatrán – unha mestura natural de area, auga e unha forma extremadamente densa e viscosa de petróleo, denominada “betumen”, provocan máis dano ao clima que o petróleo convencional. Os gases de efecto invernadoiro resultantes da conversión da area de alcatrán en petróleo son tres ou cinco veces máis daniños que para o petróleo convencional. A contaminación, deforestación e dano á vida silvestre asociados, tamén ameazan os sustentos tradicionais e o benestar das comunidades indíxenas.

Se tes seguro social, é moi probable que o teu provedor teña accións ao teu nome, xa sexa en Shell ou outras empresas involucradas (ou que están a considerar involucrarse) no desenvolvemento das areas de alcatrán.

As resolucións xa contan co apoio dalgúns grandes investidores pero necesitamos que uses o poder do teu seguro social ou aforros para obrigar a revisar esta actividade prexudicial e con risco.

Os accionistas de BP e Shell terán a oportunidade de votar a favor – ou en contra- dunha resolución sobre areas de alcatrán hoxe,18 de maio. Por favor fai que a túa voz sexa escoitada antes de que teñan lugar estas votacións.

Actúa

Amigos da Terra Europa e FairPensions colaboraron nunha acción dirixida aos accionistas de Shell e BP directamente.

Podes expresar as túas preocupacións ao teu provedor de seguro social ou se non tes seguro social, podes enviar un correo electrónico aos maiores accionistas de Shell e BP.

· Fai click aquí se es membro dun esquema de seguro social e dille ao teu provedor que deixe de financiar as areas de alcatrán.

· Fai click aquí se non es membro dun esquema de seguro social e dille aos maiores accionistas de Shell e BP que deixen de financiar o petróleo de areas de alcatrán.

Descobre máis sobre a area de alcatrán e a campaña para deter a súa extracción