100512_queima_gas

Amigos da Terra invítate, como persoa comprometida co medio ambiente, a sumarte á campaña de Amigos da Terra Internacional para deter a queima de gas no Delta do Níxer.

Hoxe en día, o Delta do Níxer converteuse nunha zona de grave desastre ecolóxico tras 50 anos de explotación petroleira. A xente encóntrase desamparada polo seu goberno, sufrindo enfermidades causadas polas substancias tóxicas e canceríxenas da ilegal queima do gas e da contaminación das súas terras e auga por continuos derramos de cru.

Achega a túa sinatura! Sumaraste aos miles de persoas que reclaman xustiza á multinacional Shell. Todos/as temos o dereito á vida e á saúde!

Asina a nosa petición