
Dende Amigos da Terra sempre se promove a participación e colaboración con distintos organismos e institucións que teñen finalidades e obxectivos comúns, para aunar experiencias e promover en definitiva, a protección do medio ambiente. Neste caso específico, a protección que se lle quere outorgar ao entorno é dende un punto de vista legal.
Amigos da Terra ofrece dende os seus inicios, un servizo xurídico gratuíto coa finalidade de tramitar denuncias e dar formación xurídico-ambiental. A última formación foi a ofrecida o pasado sábado en Ourense, a cal tivo un enorme éxito de participación o que é reflexo da demanda da cidadanía por coñecer as ferramentas de que dispón á hora de denunciar unha presunta agresión ambiental.
A Fundación Sustrai Erakuntza é unha organización non gobernamental, sen ánimo de lucro. O seu obxectivo é a defensa do medio ambiente, a recompilación de información sobre os impactos negativos sobre o medio, impulsados polas diferentes entidades públicas e privadas, e a toma de medidas para a súa mitigación ou cancelación.

O seu traballo centrarase na análise da información medioambiental, técnica e xurídica dos proxectos que afectan ao territorio, e a busca de solucións aos impactos que estes xeran, a través do impulso de alegacións ou outras actuacións legais.