100406_cursocomu

Amigos da Terra presenta o curso-práctico de “Comunicación e Cooperación ao Desenvolvemento”, dirixido a ONGD´s, medios de comunicación e outros axentes de cooperación e que terá lugar os vindeiros 24 e 25 de abril no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas.

O obxectivo do curso é dotar ás ONGD´s e axentes de cooperación das ferramentas axeitadas para poder mellorar a comunicación nas súas organizacións, poñendo como exemplo práctico, aplicable a outras ONGD´s,  a experiencia do proxecto de colaboración posto en marcha entre Amigos da Terra e a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO).

Para  participar no curso, reenviar a ficha de inscrición cuberta a :

comunicacion@amigasdaterra.net.

O curso é gratuíto para os/as asistentes, así como o aloxamento e manutención en As Corcerizas. Non se inclúe o desprazamento. Entregarase certificado de asistencia.