
Dende Amigos da Terra queremos render unha merecida homenaxe a Miguel Delibes, gran novelista e un grande amante da natureza falecido o pasado venres. Todo un clásico que, sen dúbida, xa adquiriu por méritos propios un lugar na historia da literatura universal e na de Amigos de la Tierra.
Miguel Delibes recibiu en 1992 o premio Amigos de la Tierra pola súa contribución ao medio ambiente, e é que, un dos eixes autobiográficos vertebradores de toda a narrativa delibiana é o amor á natureza, a defensa inalcanzable do medio natural e a busca da harmonía entre o home e a natureza.
Grande escritor,si, pero sobre todo, foi un home coherente que se adiantou e deu un sentido profundo aos movementos ecoloxistas dos nosos días, “todo canto sexa conservar o medio é progresar; todo canto signifique alteralo, é retroceder”.