Ribeira_Sacra._Ro_Sil._Lug

 

A Ribeira Sacra é o lugar elixido por Amigos da Terra e Alberto Rivero para realizar unha nova saída de ecovianza, co obxectivo de detectar os problemas ambientais e as desfeitas contra a natureza que se están a realizar nesta zona. Terá lugar o vindeiro 6 de marzo, polo que aínda estades a tempo de apuntarvos.

Data: sábado 6 de marzo.

 

Saída: 10h. desde a Explanada da comisaría de Policía en Ourense. Regreso: ás 19h.

 

Que levar: a comida-picnic, roupa de abrigo ou chuvasqueiro, e calzado cómodo. Tamén recomendamos prismáticos, cámara de fotos, un caderno de notas e lapis.

 

Data límite inscrición:venres 5  de marzo ata ás 12.00 horas (é necesario respectar esta data para que poidamos organizarnos nos coches que dispomos para ir).

 

Animádevos e apuntádevos poñéndovos en contacto con Amigos da Terra: 988.37.43.18 (Ángel Dorrío) ou nos email:

voluntariado.galicia@amigasdaterra.net ; info@amigasdaterra.net