100301_guillermoacciondirecDende Amigos da Terra queremos que coñezades o noso traballo en cooperación ao desenvolvemento. Por iso, é un pracer para nós, anunciarvos que o programa “Acción Directa” de Televisión Española emitirá 7 capítulos no que se verá o noso traballo en Nicaragua e Costa Rica, xunto co de outras ONGDs españolas.

Hai xa 21 anos que traballamos en Centroamérica para mellorar as condicións de vida das persoas que viven alí con proxectos que, ademais de proporcionar ingresos estables ás familias, protexen o medio. E agora grazas á nosa extensa e consolidada traxectoria profesional convertémonos nun dos referentes de cooperación ambiental en España.

Durante as próximas semanas, teremos a ocasión de achegarnos ao traballo que realizamos xunto aos nosos socios e as comunidades locais, á vez que coñecemos as condicións e a situación que viven. Durante 7 episodios e todos os luns, o noso equipo nicaragüense, con Guillermo Rodríguez ao fronte da cámara, presentaranos de primeira man o traballo realizado e guiaranos na nosa viaxe por Río San Juan e Ometepe para coñecer os nosos proxectos e os enclaves naturais onde se executan, declarados áreas protexidas.

Non deixes pasar esta ocasión para coñecer de preto o traballo de Amigos de la Tierra!

Programa: Acción Directa

Cadena: La 2 de TVE

Fecha: Todos os luns, ao longo de 7 programas.

Hora: 23:30

Ou no enlace: http://www.rtve.es/alacarta/la2/abecedario/index.html