parking

A xunta ourensana acordou a aprobación definitiva do anteproxecto de construción e explotación dun estacionamento soterrado nas interseccións das rúas Celso Emilio Ferreiro e Valle Inclán en Ourense, desestimando as alegacións presentadas ao proxecto por Amigos da Terra e por numerosos cidadáns e colectivos veciñais que se opoñen á conxestión viaria da zona.

Aínda que xustifican o mantemento da zona verde de Valle Inclán, na resposta enviada polo concello aos diferentes colectivos, parecen obviarse datos tan importantes como canto vai aumentar a contaminación acústica ou atmosferica na zona pola creación dun estacionamento soterrado que abranguerá 291 prazas para automóbil.

A conclusión é que o espazo viario público está destinado prioritariamente ao automóbil aumentando o tráfico rodado motorizado das rúas onde se proxecta levar acabo dita construción.

Resulta indiscutible que o automóbil na cidade é nocivo para o ser humano. Abonde considerar algúns datos:

  • O automóbil é responsable do 83% de todas as emisións de CO2 procedentes do transporte.
  • O automóbil destaca pola cota de emisión dalgúns dos principais contaminantes: os óxidos de nitróxeno NOx (80%) e de partículas PM10 (60%).
  • O ruído xerado polo tráfico afecto ao 74% da poboación. Un 23% dos habitantes das cidades soporta niveis superiores aos 65 dBA.
  • Os accidentes de tráfico na cidade supón un terzo do total e a metade das vítimas mortais.
  • As infraestruturas destinadas ao automóbil consumen recursos económicos inxentes e territorio, o cal tamén fragmentan.
  • O uso indiscriminado do automóbil está disparando o sedentarismo e súas consecuencias, que se converteron nun problema de saúde pública
  • Nenos, anciáns e persoas de mobilidade reducida están discriminados por non ter alternativas axeitadas ao coche

Ademais de por este motivo existen moitos outros polo que Amigos da Terra e o resto de colectivos xa está pensando na tramitación dun recurso contra a contestación da xunta de goberno ourensá.