
Con motivo do día Internacional dos Humedais, dende Amigos da Terra imos organizar para o sábado día 6 de febreiro unha saída de ecovixias, na que faremos unha visita guiada polas zonas das areeiras da Lagoa de Antela, o observatorio de aves e as zonas das veigas, na comarca de Xinzo de Limia.
Data: sábado 6 de febreiro. Saída: 10h. desde a Explanada da comisaría de Policía en Ourense. Regreso: 19h. dende Xinzo de Limia.
Que levar: a comida-picnic, roupa de abrigo ou chuvasqueiro, e calzado cómodo,
Tamén recomendamos prismáticos, cámara de fotos, un caderno de notas e lapis.
Data límite inscrición: xoves 4 de febreiro (é necesario respectar esta data para que poidamos
organizarnos nos coches que dispomos para ir).
Apúntate poñéndote en contacto con Amigos da Terra: ou enviando un mail a: info@amigasdaterra.net
