cartel_zorro_1

Dous campionatos de caza de raposo:

Galego: A Cañiza (Pontevedra), 16 de xaneiro. 08:30h

Estatal: Portomarín (Lugo), 30 de xaneiro. 08:30h

Convocamos a todos aqueles cidadáns que condenan as mortes inxustificadas de centos de raposos. A fauna galega é reiteradamente masacrada baixo o concepto de “campionato” e a denominación de “deporte”. Este último xustifica a inversión de miles de euros das Consellerías do Medio Rural e de Deporte.

A financiación pública respalda indirectamente estas xornadas de matanza que levan ao monte a milleiros de escopeteiros vidos de todo o territorio español (o campionato estatal celébrase en Galicia pola súa prohibición noutras comunidades autónomas).

Organizaranse grupos de persoas para saír ao monte. Convócanse ás 8.30 – 9 da mañá nos referidos pobos. As zonas de seguridade son os camiños. Neles os escopeteiros non poden disparar, nin cazar e deben levar a arma aberta e desprovista de munición.

Evitaranse os enfrontamentos cos escopeteiros. A xornada consistirá un ano máis, no rexeitamento público e pacífico das matanzas mediante a concentración nos pobos ás 12.30-13h da tarde e un paseo lúdico polos montes dende a mañá cedo con cantigas, instrumentos, silbatos e cacerolas. Todo elemento disuasorio para que os raposos se agochen ou escapen.

E responsabilidade de todos a conservación das especies e facultade duns poucos a perversión de extinguila.

Esperámoste no monte ou nas concentracións.

Convocan os seguintes grupos:

ABEIRO, ADEGA, Amigos da Terra, Amigos de los Animales, Asociación COMETA, Asturias Verde, ASCEL, CES Salnés, Centro Social A Formiga, Coto do Frade, Eucaliptos NON, FEG (Federacion Ecoloxista Galega), Fin del maltrato animal,  Fundación Altarriba, GAS Vigo, Huellas Cantabria, LIBERA, Matar por matar NON, PACMA, Protectora Moura, Salva o Tren, SGHN, SOS Courel, SHAC SPAIN, Verdegaia. Nuevas adhesiónes: Ecologistas Extremadura, SOS Felinos, SOS Hurones.