
Representantes ecoloxistas do Padroado do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas, mantiveron recentemente unha reunión para ultimar as observacións ao Plan Director da Rede de Parques Nacionais. Asímesmo, presentouse o borrador do Plan Reitor de Uso e Xestión (PRUX) do Parque Nacional.
Esta foi a segunda xuntanza que se celebrou ao longo do ano e serviu de base para as vindeiras e ineludibles actuacións do 2010 respecto ás Illas Atlánticas. Os puntos principais foron o tratamento do plan de actuacións futuro e a distribución do orzamento 2010. Tamén se discutiu a posta en marcha das iniciativas para acabar cos visóns, xa que estas chegan con 6 anos de retraso dende que foron detectados os primeiros mustélidos nas illas. Ademáis expúsoxe de forma reiterada que non existe protocolo de actuación ante as especies vexetais invasoras tendo en conta que o ritmo de expasión destas é superior a súa reducción.
Mantívose como cuestión prioritaria a loita contra os incendios pero hai carencias de accións de conservación. O control de pragas forestais, sendo estas totalmente extemporáneas, foi outro dos temas a tratar xunto coa alarmante cuestión das “pasarelas” en construción nas diferentes illas do Parque Nacional, das que existe unha total omisión en canto a información que en moitas ocasións e por diferentes colectivos, foi demanda.
Proximamente convocaranse aos diferentes grupos de traballo do Plan Reitor de Uso e Xestión (PRUX) do Parque Nacional, en base ao dereito á participación cidadá en plan e proxectos que teñan unha incidencia directa ou indirecta no medio ambiente (Lei Aarhus, lei 27/2006, do 18 de xullo).
Podes consultar o último borrador do Plan pinchando aquí