chorro_portada

Amigos da Terra presenta alegacións contra o permiso de investigación solicitado por Geothermal Energy Sources, S.L. para obtér electricidade mediante explotación xeotérmica, xa que na documentación exposta e nos informes que existen sobre xeotermia, non queda garantida a protección do medio ambiente.

Unha vez consultado o expediente na Consellería de Industria en Ourense, o colectivo indica que, en base ao contido do mesmo, non queda garantida a compatibilidade da protección do medio ambiente da zona e das augas termais que chegan ao balneario, coa explotación xeotérmica proposta. Esta percepción deriva do propio expediente xa que di que os sondeos denominados someros do primeiro ano e os intermedios do ano seguinte, pretenden unha perforación de ata 1.200 metros cuio obxectivo e entrar no reservorio xeotermal somentes para comprobar se os gradientes xeotérmicos medidos admiten maior potencial a maiores profundidades.

Tamén aseguran que queda recoñecida a alteración do medio físico pola construción dos viais de acceso, polo lugar de emprazamento da instalación e da maquinaria e polo lugar de emprazamento da balsa de lodos. Así mesmo, reflíctese no expediente a produción de residuos perigosos.

O colectivo ecoloxista lembra que unha explotación xeotérmica pode xerar problemas aos acuíferos que autoabastecen os mananciais termais. Neste senso, o Balneario de Baños de Molgas, que dispón dunha instalación de augas terapéuticas, podería ver diminuída a temperatura de ditas augas deixándoas sen a calidade mineiro-mediciñal axeitada e afectando así, ao principal recurso económico do municipio.

Segundo os diferentes informes que sobre enerxía xeotérmica foron consultados, incluídos os do Instituto Tecnolóxico Xeolóxico Mineiro do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, este tipo de enerxía é altamente custosa para producir electricidade e levar a cabo a instalación do equipo de extracción que é necesario e sen que elo garanta a consecución enerxética dos resultados. Está recollido que os sitios xeotérmicos poden non producir a cantidade necesaria de vapor non chegando a planta a ser o suficientemente lucrativa para xustificar a súa construción.

Por todo isto, Amigos da Terra solicita á Consellería de Economía e Industria, órgano receptor das alegacións, que non autorice o permiso de investigación á empresa solicitante, xa que a protección do medio ambiente, das augas termais e do turismo da zona non quedan garantidos coa instalación xeotérmica promovida pola empresa.

Fonte: Diario Spiegel (Alemania). Obras explotación xeotermia

obrasxeo

.