
Ambos grupos reiteran a súa denuncia pola falta de actuación administrativa ante a acumulación de denuncias públicas e privadas sobre os artiluxios colocados nas patas dos animais. Os alcaldes mostran unha certa complicidade cos donos dos equinos, responsables destas ilegalidades.
Os cepos, “pexas” ou trabas son auténticos obxectos de tortura animal, que inmobilizan aos equinos para que non fuxan ou marchen máis do que queren os seus supostos responsables, provocándolles todo tipo de sufrimentos e feridas, pola necesidade de moverse cun aparello que ás veces, chega a medir máis dun metro de longo.
O pasado ano, a Consellería do Medio Rural promulgaba o Decreto 268/2008, do 13 de novembro, que establecía entre outras medidas, un rexistro centralizado para os máis de trinta e cinco mil cabalos en estado semisalvaxe de Galicia. A pesares da vontade reguladora e das esixencias da lexislación europea, a día de hoxe, máis dun ano despois, as constantes denuncias de cidadáns e das propias forzas de seguridade ofrecen unha imaxe desoladora. Non só non se evita a colocación de cepos, senón que resulta case imposible identificar aos responsables.
Fonte: Amigos da Terra. Pontevedra. 12/06/2008

O 12 de decembro remataba o prazo para que os gandeiros e responsables de cabalos identificasen aos animais coa aplicación dun transpondedor e unha marca visual. Un ano de prazo para cumprir co decreto.
Dende Amigos da Terra e a Asociación Animalista Libera instamos á Consellería do Medio Rural a que tome as medidas pertinentes e as accións necesarias para erradicar o uso de artixulios prohibidos nos montes galegos.
As denuncias e novas dos medios de comunicación e da cidadanía lémbrannos a necesidade de actuar canto antes, e amosan como o pobo galego cada vez está máis concienciado sobre a protección e benestar dos animais. É un feito real, que todavía non se cumpre co decreto, e que dende o goberno galego non se dispuxo ningunha campaña informativa nen de accións efectivas para rematar co uso dos cepos.