ruido2

A Rede de Avogados para a Defensa Ambiental (RADA), da que forma parte a asesora xurídica de Amigos da Terra, emite un comunicado de apoio á avogada ambientalista, Inmaculada Gálvez, que denunciou os abusos ambientais reiterados baseados no ruido continuo de obras na súa cidade. O xuíz condenou a 6 meses de prisión á avogada por defender un medio ambiente saúdable.

Inmaculada, tras estar sufrindo dentro da súa oficina durante horas o ruido insoportable dunhas obras que se desenvolvían no Museo Revello de Touro nas que se utilizaba unha e outra vez unha radial sen ningún sistema de apantallamento, baixou a pedir unha tregua; ante a resposta displicente dos obreiros, sentou no lugar da obra, nunha actitude de resistencia pasiva ante a violencia ambiental de que era obxecto. Os operarios chamaron á policía, que a desaloxaron violentamente e levárona detida á Comisaría.

Agora un Xulgado condenouna a seis meses de prisión por resistencia á autoridade e lesións a un policía (un dos actuantes lesionouse levemente nunha boneca ao desprazar á detida, sentada nunha cadeira).

Os letrados membros de RADA manifestan que unha vez máis se persegue a quen protesta polos abusos ambientais, neste caso a emisión dun ruído insoportable, castigando a quen se rebela en lugar de sufrir en silencio o abuso de que é obxecto. Non só iso, senón que ademais considérase que a lesión que sufriu na man o policía que a desaloxou violentamente, facendo un uso excesivo da forza, constitúe unha falta de quen sofre a violencia, e non de quen resulta lesionado por actuar con excesivo ímpeto. E defenden que hai que acabar coa práctica de perseguir aos cidadáns que protestan pacíficamente polos abusos que sofren, sobre todo no campo ambiental, e comezar a castigar a quen non respectan a normativa ambiental.

Deixa a tú aopinión en xuridico@amigasdaterra.net