
Durante o cume de cambio climático que terá lugar en Copenhague en decembro, os líderes mundiais poderían tomar decisións que afecten ao futuro do noso planeta. Terán a oportunidade histórica de comprometerse a realizar accións para axudar a protexernos das desastrosas consecuencias do perigoso cambio climático.
Asina a petición de Amigos da Terra Internacional, para exhortalos a que fagan o correcto polo noso clima e pola xente de todo o mundo.
Aos líderes da Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (CMNUCC) / Xefes de Goberno:
No cume da CMNUCC en Copenhague no 2009, exhortámolos a chegar a un acordo internacional xusto e suficiente sobre o cambio climático, que asegure o noso futuro e o das próximas xeracións. O acordo debería recoñecer que os países ricos fixeron o maior dano ao noso clima e deben ser os primeiros en actuar. Ademais, o tratado debería:
– Comprometer aos países ricos industrializados, a unha redución do 40% das súas emisións a nivel nacional para 2020, mediante a utilización de enerxía limpa, transporte e produción sustentables, e a diminución da demanda de enerxía.
– As diminucións non deben lograrse mediante a compra de créditos de carbono de países en desenvolvemento ou mediante a compra de bosques en países en desenvolvemento para compensar as emisións actuais no mundo industrializado.
– Os países ricos deben proporcionar fondos adicionais para que os países en desenvolvemento crezan dun xeito limpo e para que poidan afrontar as inundacións, secas e fames negras causadas polo cambio climático. O acordo debería asegurar que estes fondos sexan distribuídos de xeito xusto e transparente.
Non aceptaremos nada menos dos nosos representantes internacionais nas negociacións climáticas.