
Nun acto simbólico fronte á embaixada de Honduras en España, Amigos da Terra España, COAG, Sodepaz, Entrepueblos, Ecoloxistas en Acción, Plataforma Rural e a Comisión Española de Axuda ao Refuxiado expresaron onte a súa solidariedade co pobo de Honduras na súa loita pola derrota do golpe militar. Responden así ao chamamento do Fronte Nacional de Resistencia Contra o Golpe de estado e Vía Campesiña a mobilizacións nun Día de Acción Global por Honduras.
A máis dun mes do golpe de estado, a resistencia contra o réxime ilegal segue sendo contundente: milleiros de campesiños, mulleres, indíxenas, mestres, estudantes, sindicalistas, etc. continúan as súas accións pacifistas para restaurar a democracia e a dignidade.
Todo iso a pesar da represión dos golpistas, que custou xa a vida de polo menos 8 persoas, causou decenas de feridos e detencións arbitrarias e mantén atrapadas en condicións moi precarias a centenares de persoas no departamento do Paraíso, na fronteira con Nicaragua.
As organizacións convocantes do acto reclaman:
-O fin do golpe de estado e a reposición incondicional no seu cargo do Presidente Zelaya.
-O cesamento da represión e as violacións dos dereitos humanos por parte dos militares e o réxime ilexítimo de Micheletti.
-Que a comunidade internacional e o Goberno español fortalezan a presión e tomen as accións necesarias para terminar co réxime golpista.
-Máis apoio á lexítima loita do pobo de Honduras e os seus movementos sociais para protexer as súas institucións democráticas.
O Día de Acción Global por Honduras que celebrouse onte, coincide coa culminación dunha Marcha Nacional dos movementos sociais, sindicais e democráticos iniciada o pasado 5 de agosto. Miles de persoas chegaron onte ás dúas cidades máis importantes do país, Tegucigalpa e San Pedro Sula.