manifa

O 1 de agosto ás 7 da tarde na Peregrina, farase a manifestación pola que numerosos colectivos e cidadáns mostrarán publicamente o seu rexeitamente a unha das maiores barbaries de tortura animal que acontecen en Galicia: as touradas, polas que se da unha morte inxustificada a varios touros amparadas polas administracións e baixo un marco legal moi cuestionable.

Unha altísima porcentaxe de galegos rexeitan esta forma de tortura e maltrato animal.

Amigos da Terra estará xunto a estes colectivos e á organización Plataforma Antitouradas, en Pontevedra este sábado.

 

Son xa numerosos colectivos e asociacións os que teñen expresado o seu apoio á convocatoria do día 1 de agosto, como é o caso da plataforma “Galicia Mellor sen Touradas“, que aglutina 20 colectivos, a asociación “Matar por Matar Non” , a protectora “Os Palleiros“, a asociación animalista “Libera“, o PACMA (Partido Antitaurino contra o maltrato animal), Verdegaia, Amarante, Isca!, Assembleia da Mocidade Independentista, CNT, Acçom Antifascista e a A.C. Almuinha de Marín, así como o colectivo de Sarria e Lugo que organizou a manifestación antitouradas en Outarela hai un mes, os voluntarios do Refuxio de Animais Abandonados de PonteareasColectivoanimal (Asociación Protectora Sen Fronteiras), Asociación Protectora Moura, e tamén envía o seu apoio o “Colectivo Andaluz contra el maltrato animal”.