
Alertados por un testemuño ocular dos feitos, Amigos da Terra interpuxo denuncia ante o Servizo de Protección da Natureza de Lugo anunciando a presenza de grasas e aceites preto da ponte do río Ladra que atravesa a poboación de Begonte.
Denunciouse a presenza dunha importante cantidade destas substancias as cales afectaban a unha zona de praderío e a un regueiro, quedando máis de 70 metros cadrados de terra afectados polas substancias contaminantes nomeadas.
Con posterioridade ás inspeccións ambientais e oculares levadas a cabo pola Garda Civil e, en vista a que estes feitos se repiten no tempo sendo xa denunciados ante a autoridade municipal, físoxe un novo chamamento á mesma e aos responsables da EDAR. As grasas teñen unha menor densidade cas augas residuais, estas flotan e so son bombeadas á EDAR cando o caudal do río Ladra é mínimo, en tanto que cando é moi elevado e se inunda nas avenidas ordinarias do río, as grasas salen polas arquetas de rexistro, orixinando as manchas denunciadas e contaminantes.
Verifican a puntualidade da gran cantidade detectada e o relacionan coa presunta acumulación das substancias ao longo do tempo (cinco anos) de funcionamento incorrceto da EDAR.
Fonte: SEPRONA de Lugo. Begonte

Pola súa parte, o concello de Begonte procedeu, en vista á denuncia que Amigos da Terra enviou ao SEPRONA, contratar un xestor de residuos para a retirada das grasas e aceites acumulados.
Ante este positivo resultado, cabe salientar a necesidade de colaboración cidadán-autoridades e a obriga que todos e todas temos de denunciar aqueles feitos que poidan causar un grave prexuízo ao medio ambiente e á saúde das persoas. E, por outro lado, a obriga que teñen os organismos administrativos competentes de dar resposta ás denuncias cidadás.