Amigos da Terra estará presente nos concertos de Manolo García en Galicia para pedir aos asistentes que actúen fronte ao cambio climático, dando o seu apoio á Campaña S.O.S Clima.

O cantante e compositor catalán é membro honorífico de Amigos de la Tierra e sempre mostrou moito interese polo coidado do medio ambiente.

O primeiro dos concertos, terá lugar hoxe día 18 na cidade de Vigo, no Pabellón As Travesas ás 22.30 horas, e o vindeiro martes, día 25 terá lugar en Ourense, no Pazo dos Deportes Paco Paz, o segundo concerto da súa xira na comunidade galega.

S.O.S Clima será levada aos concertos a partir das 20.30 horas, informando á xente sobre a mesma e pedindo o seu apoio á campaña a través de mensaxes ao presidente.

Amigos da Terra en España, puxo en marcha S.O.S Clima, co fin de esixir unha lei de redución de emisións de CO2. Con este obxectivo a curto prazo e un mecanismo de cumprimento adoitado, faremos efectiva a responsabilidade política para cos seus cidadáns.

O Clima está cambiando, é tempo de actuar!

Máis información sobre S.O.S Clima