
A cidade de Vigo, foi o lugar elixido este ano no Día Mundial do Medio Ambiente, para levar a cabo o “Test da pegada do carbono”, unha actividade de sensibilización coa que pretendíamos que a xente reflexionase sobre a necesidade de mudar moitos dos seus hábitos diarios, moi prexudiciais para o medio, por outros máis respectuosos co mesmo, os cales ademais, non supoñen un gran esforzo, nin perda da nosa calidade de vida.
A pesar da choiva que nos acompañou durante a maior parte da tarde, foi moita a xente que se acercou ata a Rúa Príncipe, interesada en coñecer cal era a súa pegada de carbono e que podían facer ao respecto.


Todas as voces coinciden en que as solucións para frear o cambio climático existen, e en que debemos cambiar o modelo de sociedade e a forma de entender a nosa relación coa natureza, pero, para que dito cambio sexa unha realidade e necesario que todos/as poñamos o noso gran de area e comecemos a mudar o noso comportamento individual.

Así mesmo, aproveitamos a xornada para seguir dando a coñecer a campaña de Amigos da Terra “S.O.S Clima”, ca que queremos conseguir que se aprove unha lei estatal de reducións anuais de emisións de CO2, para o que precisamos do apoio de todos vós!
Nós somos o problema é a solución para frear o cambio climático!