A xornada desenvolvida o pasado 13 de maio, “Xornada de Reflexión sobre redución de residuos”, organizada por Amigos de la Tierra e á que asistiron máis de 60 persoas, entre responsables municipais, sindicatos, asociacións de consumidores, ecoloxistas e empresas do sector, abriu un debate sobre a redución de residuos en España que permitiu extraer conclusións viables e acertadas das que o Goberno Español debería tomar nota.
Amigos de la Tierra presentou as conclusións finais ao Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino e á Comisión de Medio Ambiente do Congreso dos Deputados.
A resposta foi positiva, aínda que insuficiente, grazas a esta xornada e á presión realizada abriuse un debate onde a redución empezará a tomar a importancia que se merece.
As experiencias achegadas polo concelleiro de París, Ives Contassot, responsable da prohibición das bolsas de plástico na cidade de París, Catherine Maguire, membro do Consello de Desenvolvemento Sostible Irlandés, Rosiaina Browning, encargada do proxecto de redución de residuos de Amigos da Terra Escocia, e Anna Pena, membro da Fundación Catalá para a prevención de residuos e o consumo responsable demostraron a viabilidade das medidas emprendidas e a aceptación e apoio da cidadanía.
O debate posterior moderado por Ricardo Luís Esquerdo, xefe de servizo de residuos de Fuenlabrada e representante da Federación Española de Municipios e Provincias permitiu extraer un bo número de conclusións grazas ás intervencións non só dos relatores senón dos asistentes que manifestaron a súa vontade de pór fin ao malgasto de residuos no país.
Durante a xornada fíxose fincapé na importancia do momento actual para introducir medidas de redución de residuos na lexislación. Xa que nos próximos meses deberase traspoñer a directiva marco de residuos, modificar o borrador da Lei de Envases e Residuos de Envases e establecer medidas que dean cumprimento ao Plan Nacional Integrado de Residuos. A propia experiencia española e a de veciños europeos mostra a necesidade de establecer estas medidas lexislativas, xa que os acordos voluntarios anteriores non ofreceron resultados válidos.
A tendencia actual presenta un aumento de xeración de residuos, un malgasto de recursos ao que terán que facer fronte as administracións públicas para dar exemplo ao resto da sociedade. E en ningún caso a crise financeira pode ser escusa para evitar implantar un novo modelo que reverta esta tendencia.
Só conseguiranse cifras significativas na redución de residuos a través da posta en marcha de máis sistemas de reutilización, organizados mediante sistemas de devolución, depósito e retorno. E coa concienciación da cidadanía a través de campañas informativas sempre que se complementen con procesos de educación ambiental que favorezan un cambio de actitude onde a redución de residuos prime ante a súa reciclaxe.

Fonte imaxe: sarahernandez.galeon.com
En todas as actuacións e decisións lexislativas ou de fiscalidade ambiental deben tomar parte todos os sectores sociais afectados pola xestión de residuos, outra das conclusións ás que se chegou ao longo da xornada e que empezou a visualizarse coa alta participación no debate.
O debate contou tamén coa intervención de Ana Rodríguez Cruz, Sudirectora Xeral de Produción e Consumo Sostible do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño que presentou a iniciativa do Goberno para reducir as bolsas de plástico. Amigos de la Tierra celebra a iniciativa, non sen ofrecer unhas recomendacións hoxe ante o Ministerio, entre as que cabe sinalar a aplicación da lei a todas as bolsas dun só uso.
A xornada demostrou que todas as iniciativas desenvolvidas noutros países funcionan, o que indica que a redución de residuos é posible, e que é necesario concentrar todos os esforzos en alcanzala.