Hoxe, celébrase o Día Internacional da Terra, unha data na que recordamos a importancia de coidar o planeta que habitamos, e que non debe quedarse nunha acción puntual dun día, senón que debe aplicarse a todos os días para que as seguintes xeracións poidan disfrutar do noso planeta tal e como o coñecemos.

 Dende Amigos da Terra, pensamos que todos e cada un de nós temos a responsabilidade e o poder para cambiar as cousas, así como o deber de transmitir ao novo goberno da Xunta de Galicia as nosas inquedanzas e preocupacións en temática ambiental.

Por este motivo, hoxe, no xardín xaponés, situado á beira da Subdelegación do Goberno de Ourense, en horario de 12 a 13 horas e de 18 a 20 horas, poremos unha mesa informativa coa que queremos tomarlle o pulso á rúa, saber cáles son os problemas medioambientais que preocupan máis á xente, e así mesmo que cada quén tome conciencia de que todos podemos facer algo e da importancia dos compromisos persoais.

Despois, e tras analizar as respostas da xente, mandaremos un comunicado ao novo Goberno, para que teña en conta as inquedanzas da xente en temática medioambiental.

Fonte imaxe: vaniava.wordpress.com