
Xa tedes dispoñible na web o número dous do boletín trimestral de Amigos da Terra, no que podedes ver todo o acontecido na asociación durante o pasado outono-inverno. Dende a paralización da canteira de Amoedo grazas á presión social e a concienciación cidadá, o proxecto que Amigos da Terra realizou na área de cooperación nos pobos de Villa El Carmen (Nicaragua) ou a entrevista que lle fixemos ao Fiscal de Medio Ambiente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Enviarémosllo a socios/as, voluntarios/as e colaboradores/as. Se alguén máis está interesado/a en ter un exemplar, pode contactar connosco no teléfono: 988374318 ou no e-mail: info@amigasdaterra.net
Esperamos que vos guste!