O vindeiro sábado 14, celebrarase en Castelo de Santa Cruz (Oleiros), o III Foro Galego de Educadoras e Educadores Ambientais, organizado polo CEIDA, a SGEA e a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

O Obxectivo deste foro é compartir e dar a coñecer as iniciativas e reflexións que xorden desde os profesionais galegos da educación ambiental.

A xornada, inclúe as presentacións entregadas polas persoas participantes (reflexións, iniciativas, ideas, proxectos, experiencias, programas, equipamentos, publicacións, propostas, etc.), un espazo expositivo participativo (publicacións, materiais, carteis, produtos, etc.) e a presentación de actividades e talleres prácticos invitados pola organización.

Amigos da Terra
non faltará á cita e participará neste foro presentando o seu estudo de cambio de actitudes cara á redución de residuos.