Maña 2 de marzo Amigos da Terra España cumpre 20 anos de traballo en Cooperación ao Desenvolvemento, é imposible pasar desapercibida unha celebración que significa moito, tanto para a organización como o aporte que neste anos dimos á Cooperación ao Desenvolvemento.
Para celebrar este acontecemento se realizará un acto que terá lugar en CaixaForum Madrid, onde Amigos da Terra España presentará a súa traxectoria en cooperación baseada no desenvolvemento local das comunidades coas que traballa e na protección do seu medio natural.
Á súa vez, resaltarase a importancia do enfoque ambiental como un dos obxectivos centrais e prioritarios en cooperación para o desenvolvemento. Para este fin, contarase con entrevistas e intervencións de colaboradores que nos aproximarán aos distintos puntos de vista de todos os axentes involucrados no desenvolvemento dos proxectos.
Hai que resaltar que desde Amigos da Terra Galicia habemos contibuído para que estes 20 anos sexan posibles, xa que levamos desde o 2004 desenvolvendo proxecto con grupos vulnerables como son: os pescadores artesanais, grupos de carboeiros, mulleres, centrándonos basicamente nesa liña que nos caracteriza o enfoque ambiental como clave para a erradicación da pobreza, ademais sen esquecer a sensibilización local como punto importante para lograr un cambio na cidadanía; Estas accións só puideron ser posibles gracias á cooperación galega.
Para coñecer os proxectos que levan a cabo desde a organización estatal podes pinchar aquí ou se queres coñecer os proxectos que se levan desde Galicia pincha aquí