
O Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM), situado na localidade segoviana de Valsaín, acolle durante este xoves e venres a celebración da terceira edición de Fogares Verdes, unha iniciativa a nivel estatal que pretende incorporar accións sinxelas e pequenos cambios para poder reducir o consumo de recursos no fogar.
As xornadas, nas que participa Amigos da Terra, pretenden ser o punto de encontro de todas as persoas que están a traballar neste programa de educación ambiental, que promove o aforro de auga e enerxía na vida cotiá.
Este encontro, servirá por unha banda para que os participantes poñan en común as experiencias vividas durante este ano, así como para debater novas propostas que melloren a eficacia da campaña.