O xoves 26 de febreiro terá lugar unha nova edición de MASA CRÍTICA, co obxectivo de reivindicar unha movilidade diferente na cidade de Ourense.
Con esta actividade demostramos que a bicicleta é o mellor medio de transporte tanto para o medio ambiente como para nós, xa que aforra tempo e cartos. Ademais, e o medio de transporte máis “sensato”, xa que é bo para todo o mundo, incluso para quen non a usa.
Para esta ocasión, levaremos todo tipo de mensaxes na roupa que inciten á xente a unirse.
Sabemos o que queremos:
Pedimos máis carril bici, máis rúas peonís, mellores transportes colectivos, máis aparcadoiros disuasorios nas aforas da cidade, limitación ao tráfico polo centro, aparcadoiros para motocicletas e bicicletas, máis campañas de sensibilización.
Animámosvos a todos/as a participar nesta Masa Crítica (todos os últimos xoves de mes). Quedamos ao redor das 20:00 ou 20:15 h no Parque de San Lázaro (diante da Subdelegación do Goberno) para saír sobre as 20:30 h.
A bici, para todos os días !!