A entidade ecoloxista acusa ao Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, de promover políticas ambientais contrarias ás disposicións normativas de protección ambiental e que supoñen un claro retroceso na materia ambiental.

Un claro exemplo desta acusación é a recente publicación da reforma da Lei de Costas que, a través da inclusión dunha disposición na Lei Xeral de Navegación Marítima, levará a favorecer a especulación urbanística e a destrucción do litoral no estado español.

 

Ademais, so uns días despois de que Amigos da Terra remitise un escrito ao Ministerio de Xustiza no que solicitaba se cumplise coa normativa vixente en materia de participación pública e dereito de acceso á información en materia de medio ambiente, faise pública esta resolución sen a participación dos axentes implicados e que vai motivar cambios importantisimos en toda a costa do país.

Estos cambios provocarán a legalización de núcleos emprazados no litoral, permitindo a enaxenación de casas que están dentro do dominio público marítimo-terrestre posibilitando un cambio da titularidade do Estado a propiedade privada favorecendo a especulación.

Namentres, no Parlamento Europeo vense de aprobar, pola comisión, o Informe Auken sobre o impacto do urbanismo en España, con 23 votos a favor e so 11 en contra,. Este informe pretende que se declare unha moratoria sobre todos os plans urbanísticos novos que non respecten os criterios de sostibilidade ambiental e de responsabilidade social. O informe, que será valorado para a súa aprobación definitiva o vindeiro mes de marzo pola Eurocámara, tomará como primeira medida a suspensión dos fondos de cohesión que España recibe da Unión Europea ata que aquela non de solución á irresponsable xestión urbanística que existe.

Segundo fontes oficiais, os eurodeputados do PP e do PSOE trataron de obstaculizar a moratoria ao urbanismo en España, incluíndo no informe Auken emendas que suavizaran o seu contido, rexeitadas polo resto de parlamentarios que si aprobaron outras que fan máis contundente a crítica.

O Estado membro español recibe así outro toque de atención de Bruxelas a menos dun ano de que España asuma a Presidencia do Consejo da Unión Europea durante o primeiro semestre de 2010, mantendo entre os seus principais obxectivos os de promover iniciativas de comunicación e participación cidadá e continuar a loita contra o cambio climático.

“Cuenta Atrás 2010”. Deter a perda da Biodiversidade

España, como outros gobernos europeos, deberá asumir os compromisos adquiridos co medio ambiente e, así, frear a perda de biodiversidade en Europa, tendo no horizonte unha primeira meta para a consecución de obxectivos no ano 2010.