
Onte saiu publicado no BOE a Resolución da Secretaría de Estado de Cambio Climático, pola que se formula Declaración de Impacto Ambiental (DIA) do proxecto Nova liña de alta velocidade Ourense-Monforte-Lugo.
A área pola que discorrerá a via férrea vai próxima aos cursos fluviais dos ríos Miño, Sil e Cabe pertencentes a espazos protexidos incluídos en Rede Natura 2000: Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) “Cañón do Sil” e “Río Cabe”; montes de utilidade pública; distintos hábitats de interese comunitario; zonas de alto valor paisaxístico como a “Ribeira Sacra” e, un gran número de elementos patrimoniales inventariados (patrimonio arqueolóxico).
Amigos da Terra critica que son case 105 quilómetros de destrucción autorizada e afeccións ambientais irreparables. O artigo 3 da Directiva Hábitats, 92/43/CEE, recolle a necesidade de constribución da constitución da Rede Natura polos Estados membros. Namentres, o estado español decide proxectar e executar obras non encaixables no espíritu desta norma. E continúa o artigo 6 no seu apartado 3:
“3. Calquera plan ou proxecto que, sen ter relación directa coa xestión do lugar ou sen ser necesario para a mesma, poida afectar de forma apreciable aos citados lugares, xa sexa individualmente ou en combinación con outros plans e proxectos, someterase a unha axeitada avaliación das súas repercusións no lugar, tendo en conta os obxectivos de conservación do devandito lugar. Á vista das conclusións da avaliación das repercusións no lugar e supeditado ao disposto no apartado 4, as autoridades nacionais competentes só declararanse de acordo con dito plan ou proxecto tras asegurar de que non causará prexuízo á integridade do lugar en cuestión e, se procede, tras sometelo a información pública”.
A Resolución destaca a presentación de 33 alegacións correspondentes a distintas organizacións.
Na fase previa á declaración de impacto, a Consellería de Medio Ambiente solicita informe sobre a “posible afección do proxecto”, sinalan, sobre os espazos protexidos incluidos na Rede Natura 2000, LIC “Cañón do Sil” e LIC “Río Cabe”, así como demais hábitats recollidos na Directiva 92/43/CEE. Neste senso, a Consellería considerou “compatible o impacto do proxecto sobre os hábitats de interese comunitario e as especies de flora e fauna que constitúen os obxectivos de conservación do LIC “Cañón do Sil” e LIC “Río Cabe”, permitindo o mantemento da integridade de ditos espazos incluidos na Rede Natura 2000”.
Baixo a situación de desamparo na que quedan espazos de gran riqueza natural, ambiental e paisaxítica e onde admnistracións concurrentes compatibilizan a irresponsable xestión e protección da Galicia en aras a un cuestinable progreso social, coa falta de transparencia e de posicionamento, so cabe “esixir” aos interesados no proceso que continúen cuestionando este tipo de proxectos.
Neste caso, a vila rural de Monforte, quedará circundada por dúas autovías (Lugo-Ourense e Ponferrada-Ourense) e o paso do AVE pola vila que soportará os inconvintes sociais e ambientais do mesmo, pero de seguro que non disporá de parada.
Contra esta resolución cabe a interposición de recurso de alzada ante o órgano superior xerárquico do órgano que dictou o acto que se recorre (ante o Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño – Madrid).